Obxectivo: Denunciar os graves impactos dos produtos menstruais dun só uso: impactos ambientais, sociais e económicos, producidos polo consumo e eliminación destes produtos, en termos de produción e xestión de residuos, contaminación e pegada ecolóxica, en termos de amparo legal e estudo económico e en termos de sanidade e saúde.
Promotora: Verónica Torrijos (OMA)
Colaboradora: Ángeles Longarela Ares (Fac. Economía e Empresa)
Actores: OMA Oficina de Medio Ambente, Comité Green Campus e a Oficina para a Igualdade de Xénero da Fac. Economía e Empresa, Retoque Retro
Accións: SEMANA MENSTRUOAMBIENTAL, DO 22 AO 26 DE NOVEMBRO, Palestra «Unha perspectiva-económico financeira: taxa rosa, pobreza menstrual e custe de xestión de residuos».
Palestra sobre os impactos ambientais dos produtos dun só uso: uso de materiais, auga e enerxía, emisións de CO2, residuos, lixo mariño