Os trastornos menstruais son un problema recurrente entre as mulleres. A dor menstrual normalízase e asúmese coma algo “habitual e común” asociado ó feito de menstruar. A maoría das mulleres non o consultan cun profesional sanitario, o que pode incidir en que este tipo de dor esté infraestimada e, polo tanto, infradiagnosticada, cun reducido número de recursos sociosanitarios para abordala.
A dor menstrual, que pode xerar espasmos, cólicos e incluso calambres musculares, soe ficar e experimentarse nun ámbito privado, sen consultar coa rede de recursos sociosanitarios. É importante identificar esa dor coma algo patolóxico, que é posible abordar dende distintos recursos.
Para elo, cabe indicar que dende a Fisioterapia podemos aportar solucións a esa dor. Existen técnicas e intervencións, baseadas na literatura científica, que indican que son eficaces para reducir a dor e mellorar a calidade de vida das mulleres. A fisioterapeuta é a profesional encargada de avaliar dita dor e proponer o tratamento axeitado para reducilo.
Para elo, convidámosvos a que consultedes con fisioterapeutas a vosa dor menstrual e poidades obter solucións terapéuticas ó mesmo. Dende a nosa equipa investigadora, deseñamos un cuestionario sobre o uso de axentes físicos que empregan as mulleres para reducir a súa dor menstrual. Queremos saber qué tipo de axentes físico (calor, frío, etc.) empregades de xeito autónomo habitualmente durante as menstruacións. É unha ferramenta que nos permitirá visibilizar esos autocoidados que normalmente quedan no ámbito privado e nos permitirá posteriormente deseñar estratexias de intervención en Fisioterapia contextualizadas. Para elo, solicitamos a vosa colaboración: se eres estudiante da UDC entre 18 e 25 años, convidámoste a que cubras o seguinte cuestionario. A túa aportación serviranos para mellorar a evidencia científica sobre dor menstrual. Contamos contigo!
Leave a Comment