Esta entrada xorde co gallo de visibilizar algunhas manifestacións artísticas en torno á menstruación que podemos atopar no instagram, a plataforma de moda nestes momentos.
A continuación presento algunhas das contas escollidas e unha selección dalgunhas das súas ilustracións máis enfocadas á menstruación:
Giulia Rosa é unha deseñadora, ilustradora e cantante que reside en Brescia, Italia. O seu contido no instagram é arte visual que xira en torno ao erotismo e ao humor principalmente.
Lola Vendetta é un personaxe de cómic, cuxa creadora é Raquel Riba Rossy, unha debuxante e ilustradora española graduada en Belas Artes en Barcelona. Neste cómic Raquel fai unha crítica social cara á invisibilidade da muller.
Rocío Salazar é unha ilustradora sevillana, cuxa carreira comezou en torno á ilustración infantil e xuvenil. Porén, o seu éxito máis destacable ata a data é a serie gráfica “¿Y si no me depilo más?”, a cal cuestiona o tema da depilación das mulleres.
Leave a Comment